Se desexas contactar con nós, podes facelo vía e-mail en lediciascr@gmail.com, na nosa conta de Facebook, no enderezo Rúa do Ril, nº4, entr./baixo - 27880 Burela (Lugo), ou nos teléfonos 982-585698 (Local Social) / 616-995097 (Rocío Rivera)

29.5.08

MEMORIA DE ACTIVIDADES – ANO 2007

Velaquí unha relación das actividades realizadas no pasado ano 2007. Esperamos poder repetilas este ano e contar de novo coa vosa participación.

= Xaneiro =

● Organización da Cabalgata de Reis.

● Visita dos Reis á Residencia de Maiores de Burela.

● Inicio do Curso 2007 de Pintura ó Óleo.

● Continuación dos cursiños de Encaixe de Bolillos, Patchwork e Pintura sobre tea.

= Febreiro =

● Participación na Comisión Organizadora do Antroido Burela 2007.

● Organización da Cea-Baile Antroido 2007.

● Participación da Charanga “A Pataqueirada”, pertencente á Asociación, en varios desfiles de Antroido: Lalín, Verín, Vegadeo, Cangas (Foz), Abadín, Burela, Lourenzá...

= Marzal =

● Participación na Feira XANTAR (Ourense), promocionando xunto con ABSA e o Concello de Burela, a Feira do Bonito como máximo exponente turístico de Burela.

= Abril =

● Colaboración coa Confraría de Semana Santa: participación do grupo de Baile e Música Tradicional da Asociación nos actos para os que foi requerido.

● Participación na Feira de Antigüidades de Arévalo, promocionando a Feira do Bonito, amparada pola participación do Concello de Burela cun stand promocional, e respostando á amable acollida que nos dispensaron no mes de xullo pasado na presentación da pasada edición da Feira.

= Maio =

● Colaboración coa Residencia de Maiores de Burela nos actos da festa de Aniversario: actuación do Grupo de Baile e Música Tradicional da Asociación.

● Viaxe de intercambio cultural do grupo de Baile e Música Tradicional a Castrillón (Asturias).

● Colaboración coa Comisión organizadora da “Festa da Marosa”: cesión de material.

● Colaboración coa Comisión Organizadora das Festas Patronais Burela 2007: organización de Procesións e participación do grupo de Baile e Música Tradicional da Asociación nas actividades para as que foi requerido.

= Xuño =

● Colaboración coa comisión organizadora das Festas Patronais Burela 2007 nos actos que se realizaron dentro deste mes.

● Festival de Fin de Curso da Escola de Baile e Música Tradicional da Asociación.

● Camiñata ate o Monte Castelo, e xantar de irmandade para celebrar o fin de curso.

● Colaboración coa Peña Madridista de Burela: cesión de material para a realización dunha sardiñada.

● Colaboración coa Asociación de Sendeirismo “Pasada das Cabras”: cesión de material para a realización dunha sardiñada/churrascada.

● Colaboración coa S.C.R. Palestina: cesión de material para a celebración da festa de S. Xoán.

● Colaboración coa Peña Celtista de Burela: cesión de material para a celebración dunha sardiñada.

= Xullo =

● Colaboración con outros colectivos de Burela, cedendo material para actividades tipo sardiñadas.

● Colaboración coa comisión organizadora do “San Cristóbal 2007”: participación do grupo de Música Tradicional da Asociación na Procesión.

● Presentación na Feira de Mostras de Ferrol da XXIII Feira do Bonito, actividade de promoción turística apoiada pola participación do Concello de Burela.

● Viaxe de intercambio cultural do Grupo de Baile e Música Tradicional a San Pedro de Bairro – Vilanova de Famalicão (Portugal).

● Colaboración coa comisión organizadora da Romería do Monte Castelo: cesión de material, axuda personal e participación do grupo de Música Tradicional.

= Agosto =

● XIII Feira do Bonito.

● Actividades culturais do grupo de Baile e Música Tradicional: participación no Mercado Tradicional de Cervo, e na Festa da Malla en Rúa.

● Actuación de intercambio do Grupo de Baile e Música Tradicional en Nois (Foz).

= Setembro =

● Colaboración co Clube Náutico de Burela: cesión de material para a celebración da V Festa do Clube Náutico.

= Outubro =

● Inicio do curso na Escola de Baile e Música Tradicional da Asociación. As clases teñen lugar perante todo o curso escolar, mantendo os ensaios no verán cos grupos que participan nos intercambios con outras Asociacións similares á nosa.

● Actuación de intercambio do grupo de Baile e Música Tradicional en Mondoñedo.

● Inicio do curso 2007/08 de Encaixe de Bolillos.

= Novembro =

● Inicio do curso 2007/08 de Patchwork + Pintura en tea.

● Organización da Semana Cultural LEDICIA 2007:
* Exposición dos traballos realizados nos cursiños da etapa anterior ( Pintura ó Óleo, Encaixe de Bolillos, Patchwork + Manualidades + Pintura en tea)
* Ciclo de Cine Infantil.
* Visita cultural e talleres artesanais que nos axudan a manter na memoria dos máis novos as nosas tradicións e oficios.
* Festival de Folclore coa participación de grupos de Galicia, Asturias e Portugal.

= Nadal =

● Festival de Folclore Infantil, con participación da S.C.R. Ledicia e o Grupo Espolín de Castrillón (Asturias).

● Colaboración co centro de día “San Aníbal”, rexentado pola congregación “Hijas del Divino Celo”, nas actividades de Nadal.

● Visita á Residencia de Maiores na Noiteboa, para desexarlles Boas Festas.

● Colaboración cos centros escolares coa cesión de material para as actividades de Nadal.

No hay comentarios: