Por se alguén aínda non nos coñece, velaquí un pequeno historial da asociación.
A Sociedade Cultural Recreativa e Musical LEDICIA nace en BURELA a comezos dos nos setenta, sendo constituída oficialmente o 22 de Novembro de 1974. Na actualidade conta con preto de 300 familias asociadas, o que supón que se moven dentro da asociación cerca de mil persoas.
Nos primeiros tempos o Canto Coral e o Teatro foron as principais actividades da asociación, acadando numerosos éxitos nas súas actuacións. Pero de inmediato xurde o afán por coñecer e conservar as nosas raíces e tradicións, e nace así a Escola de Baile e Música Tradicional, que conta dende o seu inicio con gran aceptación e forma alumnos e alumnas dende os catro anos en diante, e que segue a ser o piar máis sólido da asociación.
Ó longo dos anos, moitos son os nenos e nenas que medran ó son da Escola, facendo as delicias de vellos e novos cada vez que suben ó escenario. Como resultado do seu traballo na Escola, ademáis das distintas actuacións que se celebran na vila, os grupos máis representativos teñen actuado por gran parte de Galicia e as comunidades veciñas, así como en Francia e Portugal.
Estes son algúns exemplos deses lugares:
* En Galicia: Moaña, O Grove (Festa do Marisco), Pobra do Caramiñal, Xermade, Xubia, Baiona (Romaría da Virxe da Roca), Chantada, Antas de Ulla, Meira, Portomarín (Domingos Folclóricos), Baldaio, Pereiras (Mós), Torneiros (O Porriño), Arbo… e a maioría dos Concellos da Mariña Luguesa. Son tamén de destacar as actuacións na TVG nos programas Luar, Galicia Enteira e Galicia para el Mundo; así como en Tele-Lugo no programa A carón da Lúa.
* En Zaragoza, na Festa do Pilar
* En Navarra: Irurtzun e Berriozar.
* En Urretxu, Guipúzcoa
* En Pradoluengo, Burgos
* En Cigales, Ciguñuela e La Seca, provincia de Valladolid
* En León: Cacabelos, Toreno, Matarrosa de Sil, Vaillablino e Bembibre
* En Asturias: Xixón, Valdés (Luarca), Pola de Siero, Valdesoto e Carreña de Cabrales
* En Burdeos (Francia), recibimos a “Travesía Azul” organizada por Greenpeace e as Cofrarías do Cantábrico contra as redes de deriva usadas por parte da flota boniteira europea.
* En Portugal: Santarem, Carreço (Viena do Castelo), Arouca, Valença do Miño, Raimonda (Paços de Ferreira), Aveiro, São Martinho do Campo, Vale de Cambra, Valpaços, Sta. Mª de Oliveira, Bairro,…
A gran maioría destas actuacións fanse a xeito de intercambio cultural con outras agrupación similares, do que se pode deducir que de case tódolos lugares antes citados teñen pasado por Burela grupos de Folclore para amosarnos parte da súa cultura e para formar parte das nosas actividades. Algúns destes intercambios fanse gracias á colaboración da Federación Galega de Grupos de Danza, da que a S.C.R. LEDICIA forma parte xunto con outros aproximadamente cincuenta grupos.
Ademais de todo o relacionado co folclore, Ledicia participa activamente na vida cultural de Burela, organizando ou formando parte activa da organización de actividades de moi diverso tipo: a Cabalgata de Reis, o desfile de Entroido, procesións, exposicións, cursiños, conferencias,… sendo os dous pratos fortes do ano a Semana Cultural – no outono – e a Feira do Bonito no verán.

No hay comentarios:
Publicar un comentario