Se desexas contactar con nós, podes facelo vía e-mail en lediciascr@gmail.com, na nosa conta de Facebook, no enderezo Rúa do Ril, nº4, entr./baixo - 27880 Burela (Lugo), ou nos teléfonos 982-585698 (Local Social) / 616-995097 (Rocío Rivera)

16.11.08

COMEZA A SEMANA CULTURAL LEDICIA 2008

Este ano tódalas actividades terán lugar na carpa instalada na Praza da Mariña. Queremos animarvos a que vos acheguedes e participedes, pois hai sitio para todos. Velaquí o programa de actos polo miúdo:

Sábado 15 de Novembro
16’00 h. - Tarde de convivencia de afecionad@s ás labores e manualidades (bordado, bolillos, patchwork, manualidades…)
18’00 h. - Actuación de Cantareiras.

Domingo 16 de Novembro
16:30 h. PC BAILE
, unha combinación de baile e novas tecnoloxías.

Martes 18 de Novembro
18’30 h. - Imos de cine ….. DONKEY XOTE

Mércores 19 de Novembro
18’30 h. - Xoguemos co outono: pintura, manualidades, xogos…

Xoves 20 de Novembro
18’30 h. - Imos de cine ….. BEE MOVIE

Sábado 22 de Novembro
19:30 h. - Magosto popular (gratis)
20:00 h. FESTIVAL DE FOLCLORE TRADICIONAL. Durante o festival farase entrega dos premios do Concurso de Contos “En galego… coma sempre”
21’30 h: Verbena co grupo ALMA LATINA


EXPOSICIÓN: Dende o sábado 15 de novembro ate o sábado 29 de novembro, na Rúa Rosalía de Castro (fronte a Ferretería “El Puente”), estarán en exposición os traballos da anterior tempada de cursiños 07/08: Pintura ó Óleo, Patchwork+pintura sobre tea, e encaixe de bolillos

Organiza: S.C.R. LEDICIA
Colaboran: Concello de Burela
Deputación Provincial de Lugo: Delegación de Cultura
Xunta de Galicia: Secretaría Xeral de Política Lingüística
Xunta de Galicia: Consellería de Cultura
Federación Galega de Grupos de Danza
El y Ella
Tendencias

16.10.08

CONCURSO DE CONTOS

Cada 17 de Maio celébrase con grandes titulares o Día das Letras Galegas, pero non debemos esquecer que o ano ten ademáis outros 364 días, e que é moi importante que ó longo de todos eles o galego se manteña entre nós. Con ese motivo, e coa intención de afianzar o uso do idioma galego entre as distintas xeracións, a Sociedade Cultural e Recreativa Ledicia, co patrocinio da dirección Xeral de Política Lingüística, convoca un Concurso de contos que se rexirá polas seguintes
= BASES =
1. Poden participar persoas de tódalas idades formando parellas, de xeito que cada parella se compoña dun/dunha avó/avoa e dunha/dun neta/neto.
2. É tamén posible que a parella a formen un/unha bisavó/bisavoa e o correspondente bisneto/bisneta.
3. Establécense catro categorías:
• Parellas nas que o neto ou neta teñan ata 7 anos.
• Parellas nas que a neta ou neto teñan dende 8 ata 12 anos.
• Parellas nas que o neto ou neta teñan dende 13 ata 16 anos.
• Parellas nas que a neta ou neto teñan máis de 16 anos.
4. O conto debe estar redactado en galego e o tema é libre.
5. O prazo de presentación de traballos está aberto ata o día 31 de Outubro de 2008.
6. Os traballos estarán escritos en papel ou cartulina tamaño A-4, cunha extensión máxima de 4 páxinas.
7. Os traballos deben ir sen firmar, acompañados dun sobre cos datos d@s autor@s, indicando claramente a idade d@ participante máis nov@.
8. Os traballos deben entregarse no Local Social de Ledicia, ben persoalmente (os martes entre as 8 e as 10 da noite), ou por correo: Rúa do Ril n°4 , Entr/baixo 27880 – Burela (Lugo).
9. Os premios serán entregados coincidindo con algunha das actividades da Semana Cultural Ledicia 2008, e o lugar e a data concreta serán oportunamente anunciados.
10. Os traballos orixinais pasarán a ser propiedade de Ledicia, que se reserva o dereito de expoñelos e/ou publicalos nun futuro.
11. A participación no concurso implica a aceptación das presentes bases.
Cóntanos un conto … en galego, coma sempre!!

2.8.08

ARRANCA A "XXIV FEIRA DO BONITO"

CHEGOU O GRAN DÍA!!!!
Durante toda esta semana varias ducias de persoas estivemos a traballar arreo para que todo esteña a punto para o gran día do Príncipe Azul. Todo está preparado para encende-lo lume de madrugada, así que ESPERÁMOSVOS A TODOS NA EXPLANADA DO PORTO DE BURELA sobre as 6 da tarde de hoxe PARA DESGUSTA-LO BONITO, preparado coma sempre: COCIDO, ASADO, E EN EMPANADA. Para todos aqueles que queiran remata-la comida con algo doce, poderán mercar biscoito, tarta de mazá, roscas, ...

18.7.08

XXIV FEIRA DO BONITO


PRESENTACIÓN OFICIAL DO CARTEL ANUNCIADOR DA FEIRA E DO PROGRAMA DE ACTOS.

23.6.08

FIN DE CURSO 08/07

Onte, domingo 22, realizamos a tradicional Camiñata ó Monte Castelo, aínda que o día estivo pasado por auga. Por desgracia a área recreativa estaba cuberta de néboa e orballaba cando chegamos. Afortunadamente, somos xente ben disposta e positiva, polo que a auga non nos desanimou e pasamos un día moi divertido, entre churrasco e xogos populares.
Agardamos que todos os que nos acompañástedes o pasáredes moi ben, e repitades o ano que vén. A todos os que non estiveron alí, queremos animarvos a que participedes na próxima ocasión.
Procuraremos que as fotos esteñan disponibles o máis axiña posible para que vexades o ben que o pasamos.

11.6.08

Viaxe a POLA DE SIERO (7-Xuño-08)

CABALGATA DE REIS 2008

Lamentamos a espera, pero aquí están as imaxes da visita das SS.MM. de Oriente este último Nadal. Seguro que máis de un, e de unha, se botará a rir ó verse nalgunha das fotografías. Esperamos que o pasárades ben e agardámosvos o ano que vén!