Se desexas contactar con nós, podes facelo vía e-mail en lediciascr@gmail.com, na nosa conta de Facebook, no enderezo Rúa do Ril, nº4, entr./baixo - 27880 Burela (Lugo), ou nos teléfonos 982-585698 (Local Social) / 616-995097 (Rocío Rivera)

16.10.08

CONCURSO DE CONTOS

Cada 17 de Maio celébrase con grandes titulares o Día das Letras Galegas, pero non debemos esquecer que o ano ten ademáis outros 364 días, e que é moi importante que ó longo de todos eles o galego se manteña entre nós. Con ese motivo, e coa intención de afianzar o uso do idioma galego entre as distintas xeracións, a Sociedade Cultural e Recreativa Ledicia, co patrocinio da dirección Xeral de Política Lingüística, convoca un Concurso de contos que se rexirá polas seguintes
= BASES =
1. Poden participar persoas de tódalas idades formando parellas, de xeito que cada parella se compoña dun/dunha avó/avoa e dunha/dun neta/neto.
2. É tamén posible que a parella a formen un/unha bisavó/bisavoa e o correspondente bisneto/bisneta.
3. Establécense catro categorías:
• Parellas nas que o neto ou neta teñan ata 7 anos.
• Parellas nas que a neta ou neto teñan dende 8 ata 12 anos.
• Parellas nas que o neto ou neta teñan dende 13 ata 16 anos.
• Parellas nas que a neta ou neto teñan máis de 16 anos.
4. O conto debe estar redactado en galego e o tema é libre.
5. O prazo de presentación de traballos está aberto ata o día 31 de Outubro de 2008.
6. Os traballos estarán escritos en papel ou cartulina tamaño A-4, cunha extensión máxima de 4 páxinas.
7. Os traballos deben ir sen firmar, acompañados dun sobre cos datos d@s autor@s, indicando claramente a idade d@ participante máis nov@.
8. Os traballos deben entregarse no Local Social de Ledicia, ben persoalmente (os martes entre as 8 e as 10 da noite), ou por correo: Rúa do Ril n°4 , Entr/baixo 27880 – Burela (Lugo).
9. Os premios serán entregados coincidindo con algunha das actividades da Semana Cultural Ledicia 2008, e o lugar e a data concreta serán oportunamente anunciados.
10. Os traballos orixinais pasarán a ser propiedade de Ledicia, que se reserva o dereito de expoñelos e/ou publicalos nun futuro.
11. A participación no concurso implica a aceptación das presentes bases.
Cóntanos un conto … en galego, coma sempre!!