Se desexas contactar con nós, podes facelo vía e-mail en lediciascr@gmail.com, na nosa conta de Facebook, no enderezo Rúa do Ril, nº4, entr./baixo - 27880 Burela (Lugo), ou nos teléfonos 982-585698 (Local Social) / 616-995097 (Rocío Rivera)

18.5.11

CONCURSO DE CARTEIS XVII FEIRA DO BONITO 2011

A SOCIEDADE CULTURAL RECREATIVA E MUSICAL "LEDICIA", DE BURELA (LUGO) CONVOCA UN CONCURSO DE CARTEIS CO GALLO DA XXVII FEIRA DO BONITO QUE TERÁ LUGAR O VINDEIRO 6 DE AGOSTO DE 2011 NA EXPLANADA PORTUARIA DALOCALIDADE.

= BASES =

1. Poden participar tódalas persoas que o desexen.
2. Convócase o concurso en dúas categorías:
Categoría A: concursantes ata 14 anos
Categoría B: concursantes maiores de 14 anos
3. O tema debe ter - necesariamente - relación co bonito e/ou co ensalzamento da Feira.
4. O encabezamento do traballo será: XXVII Feira do Bonito, e deben aparecer tamén o lugar e data de celebración da mesma: Burela, 6 de agosto de 2011.
5. A técnica a empregar é libre, pero no caso de traballos que se presenten en soporte informático, deben acompañarse dun exemplar impreso.
6. As medidas para os traballos son:
• Cat. A: 15 x 20 cm., e un máximo de tres cores
• Cat. B: 50 x 65 cm. colorido libre
7. Cada autor pode presenta-los traballos que desexe, vindo estes sen firmar e acompañados dun sobre pechado cos seus datos no interior e a súa categoría no exterior.
8. Os traballos poden entregarse ata o día 14 de xuño de 2011 no Local Social da S.C.R. Ledicia, ben persoalmente (os martes de 13 a 15 horas, ou os mércores de 20:30 a 22:30 horas), ou por correo (Rúa do Ril n° 4 – entr/baixo 27880 - Burela).
9. Premiarase un traballo por categoría; correspondendo o gañador da Categoría A ó programa de man; e o da Categoría B ó cartel anunciador da Feira.
10. Os premios consistirán en obsequios representativos da Feira e entregaranse o día de celebración da mesma.
11. Tódolos orixinais quedarán en poder da S.C.R. Ledicia.
12. A participación neste concurso implica a aceptación das presentes bases.

¡¡ GRAZAS POLA VOSA PARTICIPACIÓN !!

9.5.11

I SERÁN LEDICIA 2011

A S.C.R. Ledicia organiza este sábado o I SERÁN, unha xuntanza informal de músicos, bailaríns e afecionados á música tradicional. Xuntarémonos a partir das 8 da tarde, e contaremos coa participación dos membros do corpo de Música e Baile tradicional da Asociación, pero gustaríanos contar coa vosa tamén. Agradeceríamos que tódolos interesados se puxesen en contacto con nós para poder organizar os turnos de actuación. Gracias por adiantado e, tanto se queres participar ou só botar unha ollada, ESPERÁMOSVOS A TODOS!!!

OBRADOIRO DE ENTROIDO 2011












































DESPOIS DE DOUS ANOS... VOLTAMOS CON MÁIS GANAS CA NUNCA

Podes seguirnos aquí ou na nosa conta de Facebook (busca Ledicia Scr). Agardamos a túa participación!!!